Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 13 de outubro de 2017 Páx. 48062

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (83/2017).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 83/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Janete Lopes Pimentel contra a empresa Mont Parnasse, S.L., Paradela Restauración, S.L., Parada da Goulla, S.L., Georgialar, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Área de Descanso Paradela, S.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Estimando parcialmente a demanda interposta por Janete Lopes Pimentel fronte ás empresas, Mont Parnasse, S.L., Paradela Restauración, S.L., Parada da Goulla, S.L., Georgialar, S.L. e Área de Descanso Paradela, S.L., condeno as demandadas a que aboen á demandante de forma solidaria a cantidade de 6.081,21 euros máis o 10 % en concepto de xuros por demora.

Iso coa intervención do Fogasa.

Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establecen os artigos 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social, que debe anunciarse dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, e consignar a recorrente, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal de Banesto desta cidade, baixo a denominación de depósitos e consignacións, co número 5081, especificando a clave 65, ao tratarse dun recurso de suplicación.

Así mesmo e coa excepción prevista no artigo 230 do texto mencionado, será indispensable acreditar no momento do anuncio do recurso, ter consignado na conta anteriormente citada, a cantidade obxecto de condena, ben que pode procederse a asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Mont Parnasse, S.L., Paradela Restauración, S.L., Parada da Goulla, S.L., Georgialar, S.L., Área de Descanso Paradela, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese as destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 21 de setembro de 2017

O letrado da Administración de xustiza