Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 13 de outubro de 2017 Páx. 48064

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (222/2017).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 222/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Gustavo Adolfo Chávez Roa contra a empresa Servicios y Mantenimiento de Limpieza Serais, S.L., Crece Labora, S.L.U. e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que estimo a demanda interposta por Gustavo Adolfo Chávez Roa fronte ás empresas Servicios y Mantenimiento de Limpieza Serais, S.L. e Crece Labora, S.L.U., declaro improcedente o despedimento do traballador demandante e, en consecuencia, condeno a empresa Crece Labora, S.L.U. a que o readmita nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento co aboamento dos salarios deixados de percibir (sendo o salario diario 21,14 euros) ou, á súa elección, a que lle aboe unha indemnización de 872,12 euros (salvo erro aritmético), e absolvo a mercantil Servicios y Mantenimiento de Limpieza Serais, S.L. da pretensión deducida fronte a ela.

A opción deberá exercerse mediante escrito ou comparecencia na Secretaría deste xulgado do social dentro do prazo de cinco días desde a notificación desta sentenza, en espera da súa firmeza. No suposto de non optar pola readmisión ou a indemnización entenderase que procede a primeira.

Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establecen os artigos 191 e seguintes a Lei reguladora da xurisdición social, debendo anunciarse dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, debendo consignar a recorrente, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal de Banesto, desta cidade, baixo a denominación de depósitos e consignacións, co número 5081, especificando a clave 65, ao tratarse dun recurso de suplicación.

Así mesmo e coa excepción prevista no artigo 230 do texto mencionado, será indispensable acreditar no momento do anuncio do recurso ter consignado na conta anteriormente citada a cantidade obxecto de condena, ben que se pode proceder a asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Servicios y Mantenimiento de Limpieza Serais, S.L. e Crece Labora, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións quesexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 21 de setembro de 2017

O letrado da Administración de xustiza