Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 13 de outubro de 2017 Páx. 48061

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de aclaración de sentenza (734/2016).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 734/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Intersteel Structures, S.L., sobre ordinario, ditouse auto de aclaración de sentenza, cuxa parte dispositiva di:

«Que debo rectificar a sentenza ditada nas presentes actuacións o pasado día 5 de xullo de 2017 e así, onde di: Intersteel Structures, S.A., debe dicir: Intersteel Structures, S.L., manténdose integramente nos restantes pronunciamentos.

Notifíquese esta resolución ás partes, advertindo que contra ela non cabe interpoñer ningún recurso distinto do recurso de suplicación que, se é o caso, se formule contra a sentenza, cuxo prazo de anuncio computará desde a notificación da presente resolución.

Así, por este auto, mándao e asínao a maxistrada xuíza Pilar Carreira Vidal. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Intersteel Structures, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza