Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 13 de outubro de 2017 Páx. 48060

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (669/2016).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 669/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alejandro Martínez Rivera contra Rutas Coruña, S.L., Fogasa, sobre reclamación de cantidade, foi ditada sentenza cuxa parte dispositiva di:

«Que debo admitir e admito a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Alejandro Martínez Rivera, contra a entidade Rutas Coruña, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Rutas Coruña, S.L. a aboar á demandante a cantidade de 2.406,33 euros brutos por diferenzas salariais e salarios devindicados en abril de 2016, a compensación económica polas vacacións non desfrutadas no ano 2016, e as horas extra e horas nocturnas que realizou, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais. Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe interpor recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Rutas Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza