Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 5 de outubro de 2017 Páx. 47082

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (167/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 167/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Daniel Muíño Turnes contra Inaltel, S.A., Fogasa, se ditou a seguinte resolución:

«Providencia da maxistrada xuíza

Paula Méndez Domínguez

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2017.

Conforme se acordou na comparecencia celebrada no presente procedemento, requírase a entidade demandada co fin de que no prazo dun mes, proceda a dar cumprimento á sentenza que constitúe o título executivo, procedendo á inmediata reincorporación do demandante ao seu posto de traballo; con apercibimento de que de non verificar tal reincorporación poderase apreciar a existencia dun incumprimento contractual que dea lugar á extinción indemnizada da relación laboral.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición a interpoñer ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución contra a que se recorre. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste xulgado do social nº 1 aberta no Banco Santander, S.A., conta nº 0049 3569 9200 0500 1274, debendo indicar no campo concepto “recurso” seguida do código “30 social-reposición”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o “código 30 social-reposición”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, acórdao e asina a súa señoría. Dou fe.

A xuíza. A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Inaltel, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza