Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 330/2017 por instancia de Jesús Javier Medin Leiro contra a empresa Trans Coruña, S.L., administrador concursal da empresa Trans Coruña S.L., o Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, nos que recaeu Sentenza do 4.9.2017 que, copiada nos particulares necesarios, di así:
Parte dispositiva.
Estímase a demanda formulada por Jesús Javier Medin Leiro fronte a Trans Coruña, S.L., a súa administración concursal, con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:
– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Trans Coruña, S.L., ao demandante.
– Condénase a Trans Coruña, S.L., a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión do demandante ou o aboamento dunha indemnización de 2.864,40 euros, determinado o aboamento da devandita indemnización a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión deberá aboar os salarios de tramitación desde a data do despedimento a razón de 37,20 euros diarios, vinculando tales cantidades ao administrador concursal da entidade.
Notifíquese a presente resolución ás partes.
Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.
Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.
Así, o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.
E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Trans Coruña, S.L., expido e asino a presente cédula.
A Coruña, 15 de setembro de 2017
O secretario xudicial