Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 5 de outubro de 2017 Páx. 47078

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (315/2017).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 315/2017, por instancia de Patricia Souto Mille contra a empresa Ganadería Recebés, S.L., o Ministerio Fiscal e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, en que se ditou sentenza con data do 4.9.2017 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución:

Estímase a demanda formulada por Patricia Souto Mille fronte á empresa Ganadería Recebés, S.L., con intervención do Ministerio Fiscal e do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase nulo o despedimento da traballadora efectuado pola empresa Ganadería Recebés, S.L.

– Condénase a empresa Ganadería Recebés, S.L. á inmediata readmisión da demandante no seu posto de traballo, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade ao despedimento, con aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata que se produza tal readmisión, a razón de 39,58 euros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Unha vez firme a presente resolución, dedúzase testemuño dela e remítase á Inspección de Traballo e Seguridade Social por se os feitos narrados nela poden ser constitutivos de infracción administrativa.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Ganadería Recebés, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 14 de setembro de 2017

A secretaria xudicial