Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 5 de outubro de 2017 Páx. 47076

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa

EDICTO (106/2015).

No procedemento de referencia ditouse a resolución cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

Sentenza.

En Vilagarcía de Arousa, 27 de febreiro de 2017.

Vistos por min, Rosa Lama Marra, xuíza titular do Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa, os presentes autos de xuízo verbal número 106/2015, sendo parte demandante Toyota Kreditbank GMBH Sucursal en España, representada pola procuradora Margarita Pereira Rodríguez e defendida polo letrado David Urrutia Salgado contra Falcón Eurolabel, S.L. e Antonio García Sánchez, en rebeldía procesual, no exercicio de acción, con carácter sumario sobre incumprimento de obrigas derivadas de contratos inscritos no Rexistro de Venda a Prazos de Bens Mobles do artigo 250.1.110 da LAC, procede ditar a presente resolución sobre a base dos seguintes:

Decido.

Que admitindo integramente a demanda interposta pola procuradora Margarita Pereira Rodríguez, en nome e representación de Toyota Kreditbank GMBH Sucursal en España contra Falcón Eurolabel, S.L. e Antonio García Sánchez, debo declarar e declaro resolto o contrato de financiamento a comprador de bens mobles do 20 de xaneiro de 2014. Ordénase aos demandados a inmediata entrega do vehículo marco Toyota, modelo Land Cruiser, con número de bastidor JTEBH3FJ105061827, con matrícula 0646 HVK, con imposición de custas aos demandados.

Ordenar á policía local a localización e inmobilización do aludido vehículo, e a súa constitución en depósito.

Contra esta resolución non cabe formular recurso ningún, conforme o artigo 441.4, parágrafo cuarto, da Lei de axuizamento civil, e é firme.

Líbrese testemuño da presente sentenza que se unirá aos presentes autos, quedando o orixinal no libro de sentenzas deste xulgado.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioa, mándoa e asínoa, Rosa Lama Marra, xuíza titular do Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Antonio García Sánchez e Falcón Eurolabel, S.L., esténdese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Vilagarcía de Arousa, 29 de xuño de 2017

O letrado da Administración de xustiza