Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 5 de outubro de 2017 Páx. 47075

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Vilagarcía de Arousa

EDICTO (582/2011).

No procedemento de referencia ditouse a Sentenza do 25.11.2013, cuxa parte dispositiva é do tenor literal seguinte:

«Parte dispositiva

Que debo estimar e estimo a demanda interposta pola procuradora Margarita Pereira Rodríguez en nome e representación de José Luis Magariños Pardal fronte a Verónica Gónzalez Domínguez, Francisco Javier Eiras Vidal, e Jennifer Eiras Rodríguez.

En consecuencia, debo condenar e condeno a Verónica González Domínguez, Francisco Javier Eiras Vidal e Jennifer Eiras Rodríguez a que aboen de forma solidaria a José Luis Magariños Pardal a cantidade de nove mil catrocentos corenta e sete euros con trinta e oito céntimos (9.447,38 euros).

Impóñense as custas de conformidade co establecido no fundamento xurídico quinto.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de vinte días, ante este mesmo xulgado».

E, como consecuencia do ignorado paradoiro de Francisco Javier Eiras Vidal, esténdese a presente cédula para que sirva de cédula de notificación.

Vilagarcía de Arousa, 17 de marzo de 2014

O/a secretario/a xudicial