Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 5 de outubro de 2017 Páx. 47074

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense

EDICTO (400/2017).

Eu, María Dolores Prieto Rascado, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, por este edicto, anuncio que neste procedemento seguido por instancia da Comunidade de Propietarios Areal 9-11 contra Ely José Perdomo Torrelles ditouse a sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza.

En Ourense, o 11 de xullo de 2017.

Vistos por Darío-Carpio Estévez Pérez, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense e o seu partido xudicial, estes autos de xuízo número 400/2017, seguidos neste xulgado por instancia da procuradora Sra. Sánchez Izquierdo, que actúa en nome e representación da Comunidade de Propietarios Areal 9-11, contra Ely José Perdomo Torrelles, que non compareceu malia que se citou mediante edictos, polo que se deberá declarar en situación procesual de rebeldía, co seguinte:

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Resolvo que, estimando a demanda interposta pola procuradora Sra. Sánchez Izquierdo, en nome e representación da Comunidade de Propietarios Areal 9-11, contra Ely José Perdomo Torrelles, e na dita razón, debo condenar e condeno esta última a lle aboar á demandante a cantidade de 907,32 euros.

En canto a xuros e custas, obsérvese o disposto no derradeiro fundamento de dereito.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor recurso de apelación por razón da contía a teor do disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC) na súa nova redacción».

Ao atoparse o dito demandado, Ely José Perdomo Torrelles, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 14 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza