Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 4 de outubro de 2017 Páx. 46896

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 21 de setembro de 2017 pola que se fai pública a oferta educativa das ensinanzas deportivas da Comunidade Autónoma de Galicia a partir do curso escolar 2017/18.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 31, dispón que é competencia plena da Comunidade Autónoma galega a regulación e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, sen prexuízo do disposto no artigo 27 da Constitución e nas leis orgánicas que, conforme o seu artigo 81.1, o desenvolven, e das facultades que lle atribúe ao Estado o artigo 149.1.30 da Constitución.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, no seu artigo 63 determina que as ensinanzas deportivas teñen como finalidade preparar o alumnado para a actividade profesional en relación cunha modalidade ou especialidade deportiva, así como facilitar a súa adaptación á evolución do mundo laboral e deportivo e á cidadanía activa.

O Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial e, na súa disposición transitoria segunda, punto 1, indica que, ata que se creen os novos títulos e ensinanzas nas modalidades e especialidades de atletismo, balonmán, deportes de montaña e escalada, deportes de inverno e fútbol, que foron establecidas en cumprimento do disposto no Real decreto 1913/1997, do 19 de decembro, estas se impartián conforme o previsto nos reais decretos que crearon os respectivos títulos e ensinanzas mínimas. Igualmente, na súa disposición transitoria terceira, punto 2, indica que seguirán vixentes as normas de desenvolvemento das ensinanzas deportivas reguladas no dito real decreto mentres non se publiquen outras que as substitúan.

A publicación do Real decreto 980/2015, de 30 de outubro, polo que se establece o título de técnico deportivo en Baloncesto e se fixa o seu currículo básico e os requisitos de acceso (BOE do 25 de novembro); do Decreto 190/2015, do 10 de decembro, polo que se establece o currículo dos ciclos inicial e final de grao medio correspondentes ao título de técnico deportivo en Atletismo (DOG do 18 de xaneiro de 2016); e do Decreto 135/2012, do 31 de maio, polo que se establece o currículo das ensinanzas de técnico deportivo en Vela con Aparello Fixo e técnico deportivo en Vela con Aparello Libre (DOG do 20 de xuño), determina a necesidade de actualizar e modificar a oferta educativa das ensinanzas deportivas en centros públicos establecida na Orde do 22 de setembro de 2015 (DOG do 19 de outubro).

En consecuencia, logo do informe da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Actualización da oferta

Facer pública a oferta educativa de ensinanzas deportivas a partir do curso 2017/18, nos centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia que se detallan no anexo desta orde.

Artigo 2. Número mínimo de matrícula

A posta en funcionamento destes estudos estará condicionada á existencia dun número mínimo (10) de alumnado matriculado na correspondente modalidade deportiva. A exixencia desta condición de ratio mínima débese poñer en coñecemento do alumnado no momento en que presente a solicitude de matrícula.

Disposición adicional única. Autorización excepcional

Sen prexuízo do establecido no artigo 2 desta orde, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa poderá autorizar, motivada e excepcionalmente, ensinanzas dunha modalidade deportiva aínda que non se acade o citado número mínimo de solicitudes de matrícula. Mentres non se dispoña desta autorización, non se poderá formalizar matrícula ningunha.

Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa

Queda derrogada a Orde do 22 de setembro de 2015 (DOG número 119, do 19 de outubro) pola que se fai pública a oferta educativa das ensinanzas deportivas da Comunidade Autónoma de Galicia a partir do curso escolar 2015/16, así como todas as normas de igual ou inferior rango que se opoñan ao disposto nesta orde.

Disposición derradeira primeira. Autorizacións

Autorízanse a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para adoptaren as medidas e ditaren as instrucións necesarias para a aplicación do disposto nesta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Centros

Ensinanzas

Código

Denominación

Concello

Provincia

Código

Denominación

15005749

IES Universidade Laboral

Culleredo

A Coruña

XM01003

XS01003

Ensinanzas técnico-deportivas de grao medio e superior en fútbol

27006541

IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes

Lugo

Lugo

LM01008

LS01008

Ensinanzas técnico-deportivas de grao medio e superior en atletismo

27007259

IES Río Cabe

Monforte de Lemos

Lugo

XM01003

XS01003

Ensinanzas técnico-deportivas de grao medio e superior en fútbol

32015050

CIFP A Farixa

Ourense

Ourense

XM01004

XS01004

Ensinanzas técnico-deportivas de grao medio e superior en fútbol sala

36006717

IES Sánchez Cantón

Pontevedra

Pontevedra

XM01003

XS01003

Ensinanzas técnico-deportivas de grao medio e superior en fútbol

36006717

IES Sánchez Cantón

Pontevedra

Pontevedra

XM01006

XS01006

Ensinanzas técnico-deportivas de grao medio e superior en balonmán

36013771

IES Fermín Bouza Brey

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

LM01009

LS01009

Ensinanzas técnico-deportivas de grao medio e superior en baloncesto

36018999

IES As Barxas

Moaña

Pontevedra

LM01008

LS01008

Ensinanzas técnico-deportivas de grao medio e superior en atletismo

36013771

IES Fermín Bouza Brey

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

LMa1004

LMb1004

Ensinanzas técnico-deportivas de grao medio en vela con aparello fixo e aparello libre