Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 3 de outubro de 2017 Páx. 46638

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 807/2017-IP).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 807/2017

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 452/2016 Xulgado do Social número 3 de Ourense

Recorrentes: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social

Avogados: letrado da Seguridade Social, letrado da Seguridad Social

Recorridos: Castrelos Elaboración, S.L., Mutua Universal Mugenat, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Mutua La Fraternidad Muprespa, Mutua Colaboradora con la Seguridad Social número 275, Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales número 61, Canteras Fernández, S.L., Elaboración SCOM, Barreda López e Hijos, S.L., Jesús Paradelo Borrajo, Pimaga, Pizarras Galir, Cupiga, S.A.

Avogados: Hector Pereiras Álvarez, Pablo Espinosa Medina, María José Martínez-Fariza Conde, Wilson Domingo Jones Romero, Octavio Ignacio Arenillas Lara, Héctor Pereiras Álvarez, (...), Natalia Iglesias Ormaechea, (…), (..), (…)

Casación para unificación de doutrina: 288/2017

Parte recorrente: Instituto Nacional da Seguridade Social e Tesouraría Xeral da Seguridade Social

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 807/2017 (RCUD 288/2017), seguido por instancia de Fremap contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e outros, sobre accidente, se ditou dilixencia de ordenación do teor literal seguinte:

A Coruña, doce de setembro de dous mil dezasete

O anterior escrito presentado polo letrado da Administración da Seguridade Social, en nome e representación do Instituto Nacional da Seguridade Social e Tesouraría Xeral da Seguridade Social, únese ao recurso da súa razón. Tense por preparado o recurso de casación para unificación de doutrina e concédese á parte recorrente o prazo de quince días para interpor o recurso ante esta sala, facéndolle saber que os autos se encontran á súa disposición na oficina xudicial para a súa entrega ou exame se o considera necesario e que deberá sinalar un domicilio para notificacións na sede do Tribunal Supremo, salvo que xa o tivese designado.

Téñense por feitas as manifestacións recollidas nos outrosí digo do escrito. Respecto á expedición da certificación da sentenza invocada como contraditoria, acordarase no momento da interposición.

Notifíqueselles ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún, sen prexuízo de que a parte contra a que se recorre se poida opor á admisión do recurso ao comparecer ante o Tribunal Supremo.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en legal forma á patronal Cupiga, S.A., actualmente en ignorado paradoiro e con último domicilio coñecido en Ourense, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 12 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza