Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 3 de outubro de 2017 Páx. 46640

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1088/2017-CON).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 1088/2017-CON

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 361/2015 Xulgado do Social número 1 da Coruña

Recorrente: Juan Carlos Pumar Pampín

Avogado: María Sol Romero Salgado

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales número 61, Sofoga, S.L.

Avogados: letrado da Seguridad Social, letrado da Tesouraría da Seguridade Social, María de los Ángeles Gómez Lage

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1088/2017-CON desta sección, seguido por instancia de Juan Carlos Pumar Pampín contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermidades Profesionales número 61, Sofoga, S.L., sobre incapacidade permanente, se ditou a seguinte resolución:

Que considerando o recurso de suplicación interposto pola representación letrada do demandante contra a sentenza con data do 16 de novembro de 2016, ditada polo Xulgado do Social número 1 da Coruña, en autos 361/2015, anulamos a sentenza contra a que se recorre e acordamos repor as actuacións ao estado en que se encontraban antes de se ditar a sentenza, para que polo xulgador de instancia con absoluta liberdade de criterio dite outra nova, que resolva sobre o aspecto referido e relativo á base reguladora, formulado na ampliación de demanda.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa Sofaga, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza