Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 3 de outubro de 2017 Páx. 46642

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Vilagarcía de Arousa

EDICTO (414/2012).

Procedemento ordinario 414/2012

Demandante: Estación de Servicio Campañó, S.L.

Demandado: Manuel Ángel Bemposta Mouriño

Eu, Virginia González Benedidt, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Vilagarcía de Arousa, fago saber que en virtude do acordado en resolución do 19 de abril de 2017 nos autos de procedemento ordinario 414/2012, seguido por instancia de Estación de Servicio Campañó, S.L., con CIF B36134427, con domicilio na estrada de Pontevedra-Vilagarcía de Arousa, km 3,500, 36157 Campañó (Pontevedra), representada pola procuradora Sra. Montáns Argüello fronte a Manuel Ángel Bemposta Mouriño, con NIF 35447212A, con domicilio na r/ Manuel Antonio 3, 1º A, 36600 Vilagarcía de Arousa, e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC, por medio do presente notifícaselle a Manuel Ángel Bemposta Mouriño a Sentenza do 25 de febreiro de 2014, cuxa decisión é do teor literal seguinte:

«Decisión.

Que debo estimar e estimo a demanda interposta pola procuradora Elena Montáns Argüello, en nome e representación de Estación de Servicio Campañó, S.L. fronte a Manuel Ángel Bemposta Mouriño (declarado en rebeldía procesual).

En consecuencia: debo condenar e condeno a Manuel Ángel Bemposta Mouriño a que aboe a suma de dez mil seiscentos oitenta e un euros con once céntimos (10.681,11 euros) máis os xuros conforme o disposto no fundamento xurídico cuarto.

Impóñense as custas de conformidade co fundamento xurídico quinto».

Notifíqueselles a resolución ás partes.

Vilagarcía de Arousa, 19 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza