Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 3 de outubro de 2017 Páx. 46658

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2017, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se dá publicidade á parte dispositiva da Sentenza 781/2015, do 10 de decembro, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72, 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 10 de decembro de 2015, pronunciou a Sentenza 781/2015, ditada no procedemento ordinario nº 4463/2011, interposto por José López Bello, María de las Mercedes Bahamonde Sánchez, María Jesús Bahamonde Sánchez, Elvira Freire Seoane, José Antonio Fernández García, Pilar Gómez Freire, Celia López Freire, José Freire Filloy, José Ramón Gómez Freire, Antonio Quintanilla Ventureira, Carmen López Freire e Eduardo Freire Seoane; sentenza que, na súa parte dispositiva, literalmente di:

«Que debemos estimar e estimamos o recurso contencioso-administrativo interposto por José López Bello, María de las Mercedes Bahamonde Sánchez, María Jesús Bahamonde Sánchez, Elvira Freire Seoane, José Antonio Fernández García, Pilar Gómez Freire, Celia López Freire, José Freire Filloy, José Ramón Gómez Freire, Antonio Quintanilla Ventureira, Carmen López Freire e Eduardo Freire Seoane, contra a Orde da Conselleria de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas do 7 de xullo de 2011, sobre a aprobación definitiva da modificación puntual número 2 do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Curtis, no ámbito dos equipamentos públicos de Curtis, e do artigo 5.7.7 da normativa; e, en consecuencia, anulamos a mencionada Orde do 7 de xullo de 2011 e a modificación do PXOM de Curtis que nela se aproba e que son contrarias a dereito; sen imposición das custas».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2017

María Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo