Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 3 de outubro de 2017 Páx. 46659

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2017, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se dá publicidade á parte dispositiva da Sentenza 100/2017, do 2 de marzo, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72, 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 2 de marzo de 2017, pronunciou a Sentenza 100/2017, ditada no procedemento ordinario nº 4263/2012, interposto pola Asociación Cultural na Defensa do Parque Rosalía de Castro e o seu Entorno; sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Por todo o exposto, en nome do rei, pola autoridade que lle confire a Constitución, no recurso contencioso-administrativo interposto pola Asociación Cultural na Defensa do Parque Rosalía de Castro e o seu Entorno, contra a Orde do 29 de abril de 2011, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (CMATI), publicada no DOG do 16 de maio de 2011, pola que se aproba definitivamente de forma parcial o Plan xeral de ordenación municipal de Lugo, esta sala decidiu:

1. Inadmitir o recurso contencioso en canto á alegación sobre o estudo ambiental examinada no fundamento de dereito quinto desta sentenza.

2. Anular en parte a dita Orde do 29 de abril de 2011 e o dito PXOM no aspecto exclusivo relativo á ordenación urbanística da unidade de actuación CS-5 (hoxe URPI 58), que é contraria a dereito.

3. Rexéitanse as restantes pretensións; sen facer imposición das custas».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2017

María Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo