Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 3 de outubro de 2017 Páx. 46656

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (841/2015 M).

Procedemento ordinario (PO) 841/2015 M

Sobre: ordinario

Demandante: María Aurora Martis Sobrido

Avogada: Rosa María Martínez Ferreiro

Demandados: Fogasa, Serramar Vigilancia y Seguridad, S.L., Alcor Seguridad, S.L., Segur Euskal Security, S.L.

Avogados: letrado de Fogasa, (…), Ángel Ramón Palomero Gómez, (…)

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 841/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Aurora Martis Sobrido contra Serramar Vigilancia y Seguridad, S.L., Alcor Seguridad, S.L., Segur Euskal Security, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Dilixencia de ordenación.

Letrada da Administración de xustiza: Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2017.

A parte demandante presentou escrito en que desiste da demanda e, encontrándose citado a xuízo o demandado, dáse traslado a este da desistencia por prazo de dez días para que mostre ou non a súa conformidade, segundo o disposto no artigo 20.3 da LAC.

Suspéndense os actos de conciliación e xuízo previstos para o 5 de xuño de 2017.

E para que lles sirva de notificación en legal forma a Serramar Vigilancia y Seguridad, S.L. e Segur Euskal Security, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza