Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 3 de outubro de 2017 Páx. 46654

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (299/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 299/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Octavio da Silva Martins contra Construcciones Rafra, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Acordo:

– Ter por desistido a Octavio da Silva Martins da súa demanda de reclamación de cantidade, recoñecemento de antigüidade e materias conexas fronte a Construcciones Rafra, S.L. e Fondo de Garantía Salarial.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos e déixese certificación deste no procedemento da súa razón.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interporse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros na conta número 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A., e deberá indicar no campo concepto “recurso” seguido do código “31 Social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación “recurso” seguida do “31 Social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Construcciones Rafra, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de decreto, auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza