Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 3 de outubro de 2017 Páx. 46653

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1197/2013).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1197/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Luis Caamaño Romar contra as empresas Norfor, S.A., E.S.A. Betanzos-Ferrolterra, S.L., E.S.A. Ulla-Salnés, S.L., se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que estimando parcialmente a demanda interposta por Luis Caamaño Romar contra Norte Forestal, S.A. (Norfor, S.A.), E.S.A. Betanzos-Ferrolterra, S.L. e E.S.A. Ulla-Salnés, S.L., debo condenar e condeno a E.S.A. Ulla-Salnés, S.L. a cantidade de 4.165,46 euros, polos conceptos indicados no fundamento xurídico terceiro desta resolución, máis os xuros por demora previstos no artigo 29.3 do ET respecto da dita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución; e debo absolver e absolvo a Norte Forestal, S.A. (Norfor, S.A.) e a E.S.A. Betanzos-Ferrolterra, S.L. das peticións deducidas na súa contra.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, non procede a súa condena nesta instancia, e deberá observarse o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET, con notificación da presente resolución.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a E.S.A. Betanzos-Ferrolterra, S.L. e E.S.A. Ulla-Salnés, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de decreto, auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza