Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 2 de outubro de 2017 Páx. 46580

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de información pública de suspensión de licenzas de parcelación e de edificación en determinados sectores de solo urbanizable do Plan xeral de ordenación municipal.

A Corporación Municipal en pleno, en sesión que tivo lugar o 25 de setembro de 2017, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Suspender os procedementos de outorgamento de licenzas de parcelación de terreos e de edificación en determinados sectores de solo urbanizable do PXOM de Sanxenxo, coa finalidade de estudar a modificación da súa ordenación urbanística, durante o prazo dun ano desde a publicación deste acordo ou, se é o caso, ata a aprobación inicial da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal cando esta teña lugar dentro do prazo de vixencia da suspensión facultativa.

O contido e alcance da suspensión son os que se determinan no resume executivo incorporado ao expediente e denominado Suspensión facultativa de licenzas para o estudo da modificación da ordenación urbanística dos sectores de solo urbanizable nº 1, 2, 4, 5, 7, 8, 9, 11, 12, 13, 14, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26, 27, 29 e 30 do PXOM de Sanxenxo.

Segundo. Publicar este acordo no Diario Oficial de Galicia e nun dos periódicos de maior circulación da provincia.

Sanxenxo, 26 de setembro de 2017

Telmo Martín González
Alcalde