Aprobada inicialmente a modificación puntual nº 1 Plan xeral de Valga no ámbito dos sectores de solo urbanizable de uso industrial situados ao norte da estrada PO-548, por acordo do Pleno do 14 de setembro de 2017, de conformidade cos artigos 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e 7 da Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Durante o dito período o expediente quedará, con todos os documentos que integran o Plan Xeral, incluído o estudo ambiental estratéxico, á disposición de calquera que queira examinalo nas dependencias municipais, así como na sede electrónica deste concello (enderezo https://www.valga.es) para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.
Suspéndese o outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto de plan cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente.
A duración da suspensión é de dous anos contados desde a aprobación inicial e, en todo caso, extinguirase coa aprobación definitiva da modificación do plan.
Valga, 21 de setembro de 2017
José María Bello Maneiro
Alcalde