Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 2 de outubro de 2017 Páx. 46582

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Valga

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan parcial do sector de solo urbanizable S-104.

Aprobado inicialmente o Plan parcial do sector «solo urbanizable S-104», por acordo do Pleno do 14 de setembro de 2017, de conformidade cos artigos 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e 7 da Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período o expediente quedará, con todos os documentos que integran o Plan xeral, incluído o estudo ambiental estratéxico, á disposición de calquera que queira examinalo nas dependencias municipais, así como na sede electrónica deste Concello (enderezo https://www.valga.es) para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Suspéndese o outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto de plan cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente.

A duración da suspensión é de dous anos contados desde a aprobación inicial e, en todo caso, extinguirase coa aprobación definitiva da modificación do plan.

Valga, 21 de setembro de 2017

José María Bello Maneiro
Alcalde