Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 2 de outubro de 2017 Páx. 46576

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de licitación da concesión demanial para a explotación dun aparcadoiro soterrado no subsolo da UA 35 do Plan xeral de ordenación municipal de Pontevedra.

O Concello de Pontevedra someteu a información pública o proxecto e o prego de cláusulas administrativas ou de condicións económico-administrativas e o prego de prescricións técnicas da concesión demanial para a explotación dun aparcadoiro soterrado no subsolo da UA 35 do PXOM de Pontevedra. Durante o citado período de información pública presentouse unha alegación, que se estimou parcialmente mediante acordo da Xunta de Goberno local do 18 de setembro de 2017. Nesta sesión acordouse aprobar o prego de cláusulas administrativas ou de condicións económico-administrativas, coa estimacion parcial da alegación formulada e o de prescricións técnicas da concesión demanial para a adxudicación en réxime de concorrencia mediante concesión demanial da explotación dun aparcadoiro soterrado no subsolo da UA 35 do PXOM de Pontevedra, así como o proxecto de concesión cos documentos que o integran, incluíndo o prego de condicións coas modificacións aceptadas. Así mesmo, aprobouse o expediente de concesión demanial.

Na dita sesión, así mesmo, acordouse dispoñer a apertura do procedemento de concesión e ordenar a publicación dos anuncios de licitación. A presente licitación publicase no BOP, no DOG e no perfil do contratante do Concello de Pontevedra (sede.pontevedra.gal).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Concello de Pontevedra.

b) Depedencia que tramita o expediente: Servizo de Patrimonio do Concello de Pontevedra.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Patrimonio do Concello de Pontevedra.

2º. Domicilio: rúa Fililberto, s/n, 3º andar.

3º. Localidade e código postal: Pontevedra, 36071.

4º. Teléfono: 986 86 86 11.

5º. Fax: 986 84 13 86.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: sede.pontevedra.gal

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: concesión demanial.

b) Descrición: concesión demanial para a explotación dun aparcadoiro soterrado no subsolo da UA 35 do PXOM de Pontevedra.

c) Lugar de execución da concesión: subsolo para vías da UA 35 do PXOU/rúa Antón Fraguas do núcleo urbano de Pontevedra. Municipio de Pontevedra.

d) Plazo de duración da concesión: o ofertado polo adxudicatario, sen que poida superar os 68 anos.

3. Tramitación, procedemento e criterios de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: en réxime de concorrencia.

Criterios de adxudicación: os sinalados no artigo 10 do prego de cláusulas administrativas ou de condicións económico-administrativas. En concreto son: canon anual ordinario, redución do prazo de duración da concesión, redución das tarifas e proxecto de explotación.

4. Orzamento de execución material: 3.482.814,52 euros.

5. Canons da concesión.

a) Canon extraordinario: 3.263.377,75 euros.

b) Canon anual ordinario: o que oferte o adxudicatario, que non poderá ser inferior a 24.000 euros.

6. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 13.349,15 euros.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) A solvencia economica e técnica determínase no artigo 4 do prego de cláusulas administrativas ou de condicións económico-administrativas. No criterio de solvencia económica exixese como medio de selección o volume anual de negocios e no de solvencia técnica, o medio é a relación dos principais servizos ou traballos realizados nos útlimos cinco anos que inclúan importes, datas e beneficiarios públicos ou privados, así como certificados acreditativos destes.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 30 días hábiles seguintes ao da publicación do último de anuncio de licitación no BOP ou no DOGA.

b) Modalidade de presentación: escrita.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Oficina de asistencia en materia de rexistros do Concello de Pontevedra.

2º. Domicilio: rúa Michelena, 30.

3º. Localidade e código postal: Pontevedra, CP 36071.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición: apertura sobre documentación administrativa, apertura sobre oferta económica e apertura sobre oferta técnica.

b) Enderezo: sala de reunións do edifico municipal sito na rúa Michelena 30, Pontevedra.

c) Localidade e código postal: Pontevedra, CP 36071.

d) Data e hora: o segundo día hábil despois de concluír o prazo de presentación de proposicións e rematada a cualificación da documentación administrativa, procederase, ás 12.00 horas, á apertura en acto público do sobre C. Cabe a posibilidade de prórroga conforme se dispón nos pregos de cláusulas administrativas particulares ou condicións económico-administrativas.

10. Gastos do anuncio.

Por conta do adxudicatario.

Pontevedra, 25 de setembro de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto do 21.4.2017)
Vicente Legísima García
Concelleiro de Persoal, Réxime Interior e Patrimonio