Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 2 de outubro de 2017 Páx. 46575

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monterrei

ANUNCIO de convocatoria do proceso selectivo de promoción interna para a funcionarización de tres prazas de auxiliar administrativo.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense, do 23 de setembro de 2017, publicáronse integramente as bases que rexerán o proceso selectivo de promoción interna para a funcionarización de:

Tres prazas de auxiliar administrativo, escala de Administración xeral, grupo C2. Concurso-oposición. Graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Curso de iniciación á lingua galega ou Celga 3.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos no taboleiro de anuncios do Concello de Monterrei, na súa páxina web e no Boletín Oficial da provincia de Ourense.

Monterrei, 26 de setembro de 2017

José Luis Suárez Martínez
Alcalde