Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 2 de outubro de 2017 Páx. 44709

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da planta satélite de almacenamento e regasificación de gas natural licuado (GNL) e rede de distribución en MOP 0,4 bar para subministración a Porto do Son (A Coruña), promovido pola empresa Gas Galicia SDG, S.A. (expediente IN627A 2016/10-0).

Para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, e no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:

Peticionario: Gas Galicia SDG, S.A., con CIF nº A15383284 e con enderezo para os efectos de notificación na rúa Lisboa, s/n, Edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Antecedentes:

O 18.4.2013 esta dirección xeral ditou resolución pola que se outorgou a Gas Galicia SDG, S.A. a autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no termo municipal de Porto do Son, na provincia da Coruña (expediente IN627A 2012/10-0); que se publicou no Diario Oficial de Galicia o 11.7.2013 e no Boletín Oficial da provincia do 30.5.2013.

O 25.2.2016 Gas Galicia SDG, S.A. solicitou a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución para a planta satélite de almacenamento e regasificación de gas natural licuado (GNL) e rede de distribución en MOP 0,4 bar para subministración a Porto do Son (A Coruña).Trátase dunha localización diferente á prevista no proxecto que serviu de base para o outorgamento da autorización administrativa a que se fai referencia nos antecedentes.

Obxecto da petición:

O obxecto da petición é a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución denominado Planta satélite de almacenamento e regasificación de gas natural licuado (GNL) e rede de distribución en MOP 0,4 bar para subministración a Porto do Son (A Coruña).

Descrición das instalacións:

Módulo de regasificación:

A planta satélite situarase na parcela de referencia catastral 001500100MH92H0000MH. Trátase dunha parcela de 159.173 m2, cualificada como solo non urbanizable de réxime normal e situada no lugar de Arnela, en Porto do Son, ao sur do núcleo urbano.

Proxéctase un módulo de almacenamento de GNL cun depósito horizontal de 30 m3 de capacidade.

O módulo de almacenamento de GNL proporcionará gas natural para alimentar a rede de distribución, nas seguintes condicións:

– Presión normal de servizo de almacenaxe de GNL: > 4 bar.

– Capacidade de regasificación: 500 m3(n)/h.

– Presión de subministración de gas natural: 0,4 bar.

– Temperatura de subministración de gas natural: 0-20 ºC.

Rede de distribución:

A rede de distribución ten o seu inicio na válvula de saída da planta de GNL que se instalará na parcela localizada no lugar de Arnela, en Porto do Son.

Construirase unha rede de polietileno de calidade PE-100 e SDR 17,6/SDR 17 en diámetros de 110, 90 e 63 mm.

Termo municipal: a solicitude afecta o termo municipal de Porto do Son, na provincia da Coruña.

Orzamento: catrocentos trinta mil setecentos un euros con cincuenta e seis céntimos (430.701,56 €).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan presentar as súas alegacións, no prazo de 20 días a partir da data de publicación deste anuncio, para o cal poden examinar o correspondente proxecto na Dirección Xeral de Enerxía e Minas, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela, así como na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Emprego e Industria, rúa Vicente Ferrer, 2, 15071 A Coruña.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2017

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas