Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 2 de outubro de 2017 Páx. 44712

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da planta satélite de almacenamento e regasificación de gas natural licuado (GNL) e rede de distribución en MOP 2 bar para subministración a Guitiriz, promovido pola empresa Gas Galicia SDG, S.A. (expediente IN627A 2016/15-0).

Para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, e no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:

Peticionario: Gas Galicia SDG, S.A., con CIF A15383284 e con enderezo para os efectos de notificación na rúa Lisboa, s/n, Edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Antecedentes:

O 18 de abril de 2013 esta dirección xeral ditou resolución pola que se outorgou a Gas Galicia SDG, S.A. a autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no termo municipal de Guitiriz, na provincia de Lugo (expediente IN627A 2012/11-0); que se publicou no Diario Oficial de Galicia o 11 de xullo de 2013 e no Boletín Oficial da provincia do 24 de agosto.

O 18 de maio de 2016 Gas Galicia SDG, S.A. solicitou a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución para a planta satélite de almacenamento e regasificación de gas natural licuado (GNL) e de rede de distribución en MOP 2 bar para subministración a Guitiriz (Lugo). Trátase dunha localización diferente á prevista no proxecto que serviu de base para o outorgamento da autorización administrativa á cal se fai referencia nos antecedentes.

Obxecto da petición:

O obxecto da petición é a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución denominado «Planta satélite de almacenamento e regasificación de gas natural licuado (GNL) e rede de distribución en MOP 2 bar para subministración a Guitiriz (Lugo)».

Descrición das instalacións:

Módulo de regasificación:

A planta satélite de GNL situarase na parcela de referencia catastral 27022A127005260000FO, polígono 127, parcela 526. Trátase dunha parcela de 3.781 m2, cualificada como de uso agrario e situada no lugar de Abeleira, Guitiriz, ao norte do núcleo urbano.

Proxéctase un módulo de almacenamento de GNL cun depósito vertical de capacidade inicial de 15 m3.

O módulo de regasificación proporcionará gas natural para alimentar a rede nas seguintes condicións:

– Presión normal de servizo de almacenaxe de GNL: > 4 bar.

– Capacidade de regasificación: 300 m3 (n)/h.

– Presión de subministración de gas natural: 2 bar.

– Temperatura de subministración de gas natural: 0-20 ºC.

Rede de distribución:

A rede de distribución de gas natural ten o seu inicio na válvula de saída da planta de GNL que se instalará na parcela localizada no lugar de Abeleira en Guitiriz.

Construirase unha rede de polietileno de calidade PE-100 e SDR 17,6/SDR 17 en diámetros de 110, 90 e 63 mm.

Termo municipal: a solicitude afecta o termo municipal de Guitiriz, na provincia de Lugo.

Orzamento: catrocentos sesenta e dous mil sesenta e tres euros con vinte céntimos (462.063,20 euros).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións, no prazo de 20 días a partir da data de publicación deste anuncio; poderase examinar o correspondente proxecto na Dirección Xeral de Enerxía e Minas, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, planta 4ª, 15781 Santiago de Compostela, así como na Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía, Emprego e Industria, rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2017

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas