Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 2 de outubro de 2017 Páx. 44706

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da planta satélite de almacenamento e regasificación de gas natural licuado (GNL) e rede de distribución en MOP 0,4 bar para subministración a Celanova, promovido pola empresa Gas Galicia SDG, S.A. (expediente IN627A 2016/23-0).

Para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, e no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:

Peticionario: Gas Galicia SDG, S.A., con CIF A15383284 e con enderezo para os efectos de notificación na rúa Lisboa, s/n, Edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Antecedentes:

O 11 de abril de 2016 esta dirección xeral ditou resolución pola que se outorgou a Gas Galicia SDG, S.A. a autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no temo municipal de Celanova, na provincia de Ourense (expediente IN627A 2014/57-0); que se publicou no Diario Oficial de Galicia o 23 de maio de 2016 e no Boletín Oficial da provincia do 18 de maio.

O 10 de agosto de 2016 Gas Galicia SDG, S.A. solicitou a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución para a planta satélite de almacenamento e regasificación de gas natural licuado (GNL) e rede de distribución en MOP 0,4 bar para subministración a Celanova (Ourense). Trátase dunha localización diferente á prevista no proxecto que serviu de base para o outorgamento da autorización administrativa á cal se fai referencia nos antecedentes.

Obxecto da petición:

O obxecto da petición é a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución denominado «Planta satélite de almacenamento e regasificación de gas natural licuado (GNL) e rede de distribución en MOP 0,4 bar para subministración a Celanova (Ourense)».

Descrición das instalacións:

Módulo de regasificación:

A planta satélite situarase na parcela de referencia catastral 32025A085000080000QZ, polígono 85, parcela 08. Trátase dunha parcela de 7.885 m2 de uso agrario no lugar dos Campos, Celanova, situada ao sur do núcleo urbano.

Proxéctase unha planta satélite de almacenamento e regasificación de GNL cun depósito vertical de capacidade 15 m3, ampliable a 30 m3 mediante a instalación dun segundo depósito de 15 m3.

O módulo de regasificación proporcionará gas natural para alimentar a rede de distribución, nas seguintes condicións:

– Presión normal de servizo de almacenaxe de GNL: > 4 bar.

– Capacidade de regasificación: 300 m3 (n)/h.

– Presión de subministración de gas natural: 0,4 bar.

– Temperatura de subministración de gas natural: 0 - 20 ºC.

Rede de distribución:

A rede de distribución ten o seu inicio na válvula de saída da planta de GNL que se instalará na parcela localizada no lugar dos Campos.

Construiranse 4.721 m de rede de distribución de gas natural en polietileno PE-100 e SDR 17,6/SDR 17 en diámetros de 160, 110, 90 e 63 mm.

Termo municipal: a solicitude afecta o termo municipal de Celanova, na provincia de Ourense.

Orzamento: catrocentos trinta e nove mil novecentos noventa e cinco euros con trinta e oito céntimos (439.995,38 euros).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións, no prazo de 20 días a partir da data de publicación deste anuncio; poderase examinar o correspondente proxecto na Dirección Xeral de Enerxía e Minas, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, planta 4ª, 15781 Santiago de Compostela, así como na Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Rúa Curros Enríquez, 1, 4º 32071 Ourense.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2017

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas