Expediente: IN407A 2015/263-1.
Promotor: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Instalación: LMT, CT e RBT Framán-Bugallido e anexo I.
Concello: Ames.
Feitos:
1. O 28 de agosto de 2015 o promotor solicitou a autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica indicada.
1.1. O día 13 de xuño de 2016 presentan anexo 1 ao proxecto LMT, CT e RBT Framán-Bugallido.
2. Características técnicas:
– Liña eléctrica de media tensión aérea a CT Framán, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,362 km, con orixe no apoio nº 95-16 da LMT PAD 806 (expediente 31.230), condutor tipo LA-56 mm2 e final co CT Framán (proxectado).
– Centro de transformación intemperie Framán, cunha potencia de 100 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.
3. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante resolución publicada nos seguintes medios:
– Resolución información pública: 29 de outubro de 2015.
– DOG: 30 de novembro de 2015.
– BOP: 24 de novembro de 2015.
– Xornal La Voz de Galicia: 23 de decembro de 2015.
– Taboleiro de anuncios do Concello: segundo certificado municipal do 14 de febreiro de 2015.
Ao mesmo tempo realizáronse notificacións individuais aos titulares que figuran na relación de bens e dereitos afectados.
Mediante anuncio publicado no BOE do 17 de febreiro de 2017, notificouse aos interesados descoñecidos de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
4. Durante o período en que se someteu ao trámite de información pública foron presentadas as seguintes alegacións:
• Ramiro Angueira Pérez e outros, mediante escrito do 2.12.2015, solicita a modificación do trazado alegando, en síntese, o seguinte:
– Non afectaría tanto as súas parcelas.
• Jesús Pena Seijas, en nome da plataforma de afectados pola obra, mediante escrito do 29.12.2015, solicita o cambio de trazado e soterramento da liña alegando, en síntese, o seguinte:
– Menor afección as súas parcelas.
– Incorren nas limitacións indicadas no artigo 58 da Lei 24/2013, do sector eléctrico.
• María Trinidad Beis Lemos, mediante escrito do 14.11.2016 e en resposta ás modificacións reflectidas no anexo 1 do proxecto, solicita o cambio de trazado e soterramento da liña alegando, en síntese, o seguinte:
– Menor afección da súa parcela.
– Incorren nas limitacións indicadas no artigo 58 da Lei 24/2013, do sector eléctrico.
Destas alegacións deuse traslado ao promotor, que contestou:
• Escrito do 30.12.2015, no cal se valoran as alegacións presentadas por Ramiro Angueira Pérez e outros, no cal, en síntese, manifesta o seguinte:
– Non incorren nas limitacións indicadas no artigo 58 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, e no artigo 161 do Real decreto 1955/2000, pois as parcelas que se expropian non teñen vivenda nelas.
– As modificacións solicitadas suporían novas afeccións a terceiros e non acreditan o cumprimento das condicións establecidas no artigo 161 do Real decreto 1995/2000 para que se deba proceder á modificación do trazado.
– Que o trazado proxectado é o mais axeitado para o fin perseguido e proxectouse en cumprimento e atendendo ao Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, e o punto 1.5.1 da ITC-LAT07, que establece que as liñas eléctricas aéreas se estudarán seguindo o trazado que considere mais conveniente o autor do proxecto.
• Escritos do 28.1.2016, no cal se valoran as alegacións presentadas por Jesús Pena Seijas, e do 14.11.2016, no cal se valoran as alegacións presentadas por María Trinidad Beis Lemos, nos cales, en síntese, manifestan o indicado na anterior resposta do 30.12.2015.
5. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, cando foi o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. O promotor presenta anexo 1 con base no condicionado do Concello e acepta o condicionado de Augas de Galicia.
6. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.
Consideracións legais e técnicas.
1. Lexislación de aplicación:
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).
– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).
– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).
– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).
– Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).
– Decreto 146/2016, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia (DOG núm. 217, do 14 de novembro).
– Decreto 175/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG núm. 232, do 4 de decembro).
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
2. Na visita de campo realizada para examinar o lugar das instalacións non se apreciou, nos predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume indicadas no artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
3. En relación coas alegacións formuladas e coas manifestacións do promotor, cómpre sinalar:
• Non procede atender as solicitudes realizadas polos reclamantes polo seguinte:
– Non acreditan o cumprimento das condicións establecidas no artigo 161 do Real decreto 1995/2000, para que se deba proceder á modificación do trazado.
4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.
De acordo con todo o indicado,
RESOLVO:
1. Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación de distribución eléctrica indicada.
2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir da data de ocupación dos terreos.
A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados, e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar ante esta xefatura territorial unha solicitude que se acompañará da seguinte documentación:
– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.
– Un certificado do director da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas para a montaxe da instalación e posta a punto.
4. Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial a relativa á ordenación do territorio e o ambiente.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.
A Coruña, 8 de setembro de 2017
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña