Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 2 de outubro de 2017 Páx. 44731

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica nos concellos de Arteixo e A Laracha (expediente IN407A 2017/041-1).

Expediente: IN407A 2017/041-1.

Promotora: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Denominación da instalación: novo dentro de transformación da Cachada.

Concellos: Arteixo e A Laracha.

Feitos:

1. O 3 de marzo de 2017, a promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a súa inserción no DOG núm. 104, do 2 de xuño, e no BOP núm. 100, do 30 de maio de 2017.

3. Solicitóuselles o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. A promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron un informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

6. As características técnicas da instalación son as seguintes:

– LMTS a 15 kV, de 20 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×150 mm2 Al, con orixe no paso A/S proxectado no apoio nº 18-11 proxectado e final no CT proxectado.

– Novo tramo LMTA a 15 kV existente, de 323 m, condutor tipo LA-56/54,6 Al, con orixe no apoio nº 18-8 existente da LMTA Cillobre-Estramil-Lendo, no treito da derivada ao CT A Cachada (expediente 52.221), e final no apoio nº 18-11 proxectado, no cal se realizará paso A/S.

– Retirada do treito da LMTA, de 415 m, con orixe no apoio nº 18-8 existente da LMTA Cillobre-Estramil-Lendo, no treito da derivada ao CT A Cachada (expediente 52.221), e final no CT existente A Cachada (expediente 52.221) tipo intemperie en pórtico.

– Novo CT A Cachada prefabricado, cunha potencia de 100 kVA, unha relación de transformación de 15.000-20.000/400-230 V. Realizarase a desmontaxe do CT existente A Cachada (expediente 52.221) tipo intemperie en pórtico, mantendo un dos apoios para o amarre da RBTA existente.

O orzamento da instalación segundo o proxecto é de 57.109,68 €.

7. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Concederlle a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á instalación de distribución eléctrica indicada.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada deberá presentar, perante esta xefatura territorial, unha solicitude á cal se xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipo, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do director da montaxe no cal se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas, na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que fosen de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial a relativa á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 30 de agosto de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña