Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 28 de setembro de 2017 Páx. 44213

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cambados

EDICTO (182/2015).

Neste órgano xudicial tramítase divorcio contencioso 182/2015, seguido a instancia de Juan Manuel Fariña Rodríguez, contra Samira Nemer Hernández, nos cales se ditou a seguinte sentenza, cuxo encabezamento e fallo son como segue:

«Sentenza

En Cambados o tres de novembro de dous mil quince, María Dolores Rodríguez Leirós, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cambados, ditou a presente resolución no procedemento de divorcio seguido neste xulgado co número 182/2015, coa intervención do Ministerio Fiscal, en que actuaron como demandante Juan Manuel Fariña Rodríguez, representado pola procuradora Ana María Bóveda del Río e asistido polo letrado Xermán Souto García, e como demandada Samira Mohamed Nemer Hernández, declarada en rebeldía procesual.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos)

Decido que, con estimación da demanda presentada pola procuradora Sra. Bóveda del Río, en nome e representación de Juan Manuel Fariña Rodríguez contra Samira Mohamed Nermer Hernández, en situación procesual de rebeldía, debo declarar e declaro a disolución por causa de divorcio do matrimonio contraído entre ambos os dous o día vinte e seis de novembro de dous mil nove e acordo o seguinte réxime de medidas reguladoras:

1. Atribúese ao pai a garda e custodia do fillo, Alejandro Fariña Nemer, sendo a patria potestade compartida.

2. Atribúese o uso e desfrute do que foi domicilio conxugal, sito en Travesía Sucasa, nº 2, en Leiro, Ribadumia, e do enxoval doméstico ao fillo e a Juan Manuel Fariña Nemer.

3. Cando a nai retome o contacto co fillo poderá telo na súa compañía, en fins de semana alternos, desde as 10.00 horas ás 20.00 horas do sábado e desde as 10.00 horas ás 20.00 horas do domingo.

Transcorrido con normalidade un período de tres meses con visitas en fins de semana alternos, a nai poderá ter o menor na súa compañía a metade das vacacións escolares de Nadal e Semana Santa e un mes (xullo ou agosto) de verán. En caso de desacordo sobre o período de desfrute das vacacións escolares, corresponderá elixir ao pai nos anos pares e á nai os impares. O menor será recollido e reintegrado pola nai no domicilio paterno.

4. Samira Mohamed Nemer Hernández contribuirá ao sostemento e educación do seu fillo, Alejandro Fariña Nemer, na cantidade de cento cincuenta euros mensuais (150 euros), pagadoiros dentro dos cinco primeiros días de cada mes, que deberá ingresar na conta que designe o pai, e que se actualizará anualmente o 1 de xaneiro, conforme o IPC publicado anualmente. Os gastos extraordinarios do fillo serán satisfeitos por metade por ambos os proxenitores.

E todo iso sen facer expreso pronunciamento respecto ás custas do procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de cinco días seguintes á súa notificación.

Unha vez firme a presente, comuníquese ao Rexistro Civil de Ribadumia e expídanse os oportunos oficios.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

En virtude do acordado, expídese o presente edicto para que sirva de notificación a Samira Nemer Hernández.

Cambados, 18 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza