Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 28 de setembro de 2017 Páx. 44211

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de admitidos/as e excluidos/as no concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal licenciado sanitario convocado pola Resolución do 23 de maio de 2017.

Mediante resolución desta dirección xeral do 23 de maio de 2017 (Diario Oficial de Galicia núm. 105, do 5 de xuño) convocouse concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal licenciado sanitario do Servizo Galego de Saúde.

Finalizado o prazo de presentación de instancias e de conformidade coa base 11.1 da resolución de convocatoria, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar a relación provisional de solicitantes admitidos/as e excluídos/as no concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal licenciado sanitario do Servizo Galego de Saúde, convocado pola Resolución do 23 de maio de 2017.

Segundo. As listas coa relación provisional de admitidos/as e excluídos/as en cada unha das categorías/especialidades convocadas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. De conformidade coa base 11.2 da resolución de convocatoria, as persoas excluídas disporán dun prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para poder corrixir, se é o caso, o defecto que motivou a exclusión, mediante solicitude que deberán dirixir á unidade de validación á cal dirixisen a solicitude de participación no concurso.

As persoas que, tendo presentado debidamente a súa solicitude de participación neste proceso, non consten como admitidas nin excluídas, disporán do mesmo prazo para formular a súa reclamación.

A estimación ou desestimación das emendas solicitadas entenderanse implícitas na resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se declaren con carácter definitivo os/as admitidos/as e excluídos/as para participar neste concurso e que farán públicas as puntuacións e destinos provisionalmente asignados.

As persoas solicitantes que dentro do prazo indicado nesta resolución non emenden o/os defecto/s motivo da exclusión, serán definitivamente excluídas da participación neste proceso.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2017

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos