Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 25 de setembro de 2017 Páx. 43796

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Taboadela

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle redactado por instancia de parte no núcleo do Amendo.

Mediante o Acordo do Pleno, do 27 de xullo, aprobouse definitivamente o estudo de detalle referido ao Amendo, nº 11, co obxecto de reaxustar as aliñacións das vías do extremo sueste da parcela 277 do polígono 28, o que se publica aos efectos dos artigos 82 e 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

«Visto que, aprobado inicialmente polo Pleno, do 9 de febreiro, o estudo de detalle no Amendo (parcela 277 do polígono 28), foi sometido a información pública durante o prazo dun mes, segundo anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 95, do 19 de maio, e anuncio no xornal La Región, do 4 de abril.

Visto que no período de información pública non se presentaron alegacións.

Considerando que, con data do 5 de abril, se solicitaron os informes sectoriais seguintes: Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e Servizo de Patrimonio Cultural.

O informe da Confederación foi recibido con data do 23 de maio e nel constaba o seguinte: favorable.

Visto o informe de Secretaría de conformidade co disposto no artigo 22.2.c) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, o Pleno, adopta por unanimidade o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle referido ao Amendo, solicitado por Remedios Fernández Suárez (parcela 277 do polígono 28), referencia catastral rústica 32080A028002770000AF e RCU 001701100NG97H0001TJ, co obxecto de reaxustar as aliñacións para desenvolver o plan xeral; queda extinguida a suspensión de licenzas.

Segundo. Publicar o acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, e o texto dos documentos que o integran, así como o índice de planos do estudo de detalle, no Boletín Oficial da provincia.

Terceiro. Notificarlles o presente acordo aos propietarios e aos demais interesados directamente afectados polo estudo de detalle.

Cuarto. Comunicarlle á consellería competente en materia de urbanismo a aprobación do estudo de detalle referido, á vez que se lle dá traslado dun exemplar en soporte dixital, debidamente diligenciado, co fin de ser inscrito no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

Quinto. Facultar o alcalde presidente para subscribir e asinar toda clase de documentos e, en xeral, para todo o relacionado con este asunto».

Taboadela, 5 de setembro de 2017

Manuel Gallego Vila
Alcalde