Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 25 de setembro de 2017 Páx. 43795

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sarreaus

ANUNCIO de licitación, por procedemento aberto, para a contratación da subministración dun tractor-rozadora.

Procedemento aberto para a contratación da subministración dun tractor-rozadora.

Prezo de licitación: 115.352,54 € (IVE incluído).

Prazo para a presentación de proposicións: 15 días naturais, a partir do día seguinte ao da última publicación no BOP ou no DOG.

Lugar de presentación das proposicións: no Rexistro Xeral da casa do concello, das 9.00 ás 14.30 horas.

A apertura de prosicións terá lugar de conformidadade co disposto na cláusula XII do prego de condicións.

A documentación necesaria e demais datos figuran no prego de clausulas ao cal se poderá acceder na sede electrónica:

https://concellosarreaus.sedeelectronica.gal/info.0 e a través do perfil do contratante na web da deputación www.depourense.es.

As solicitudes de información poderán formularse telefónicamente no 988 45 40 02.

Financiamento do gasto: subvención da Dirección Xeral de Administración Local e achega dos concellos de Sarreaus, Sandiás e Trasmiras.

Sarreaus, 18 de setembro de 2017

Gumersindo Lamas Alvar
Alcalde