Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 25 de setembro de 2017 Páx. 43798

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación do procedemento aberto para a contratación do servizo de vixilancia e seguridade da exposición In Tempore Sueborum. El tiempo de los suevos en la Gallaecia. El primer reino medieval de Occidente (411-585 A.D.).

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións do procedemento aberto para a contratación do servizo de vixilancia e seguridade da exposición «In Tempore Sueborum. El tiempo de los suevos en la Gallaecia. El primer reino medieval de Occidente (411-585 A.D.)», cun gasto autorizado de 55.000,00 € (IVE incluído), correspondendo ao importe neto a cantidade de 45.454,55 € e ao IVE aplicable a cantidade de 9.545,45 €. As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG, a través da plataforma www.leal.gal, única e exclusivamente. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no prego de condicións ao que poderá accederse gratuitamente a través do perfil do contratante na web da deputación www.depourense.es, ou na plataforma www.leal.gal. As solicitudes de información poderán formularse telefonicamente 988 31 75 40 ante o Servizo de Contratación.

Sen prexuízo de calquera outro recurso que se xulgue procedente, o prego de condicións, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que teñan de rexer a licitación serán susceptibles de recurso potestativo de reposición ante a presidencia da deputación no prazo dun mes e, alternativamente, de recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo de Ourense no prazo de dous meses, contados ambos os dous prazos desde o día seguinte o da publicación dos anuncios de licitación ou, de ser o caso, da última publicación (se non son simultáneos).

Ourense, 4 de setembro de 2017

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense