Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 25 de setembro de 2017 Páx. 43710

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (DSP 52/2017).

Eu, María de los Ángeles López Carballo, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento con número 52/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Julio Alves Freire contra Héctor José Carballo López e o Fondo de Garantía Salarial, sobre extinción por vontade do traballador e reclamación de cantidade, se ditou sentenza cuxa resolución é a seguinte:

Estimo a demanda reitora dos autos 52/2017 deste xulgado presentada por Julio Alves Freire, representado polo letrado Sr. Vázquez Díaz, contra Héctor José Carballo López, que non compareceu malia constar a súa citación en legal forma, e, en consecuencia:

– Declaro extinguido o contrato de traballo que vinculaba o demandante co demandado, con efectos desde a data da presente resolución.

– Condeno o demandado a aboar ao demandante a cantidade de 7.726,57, en concepto de indemnización pola extinción causal do contrato por vontade do traballador.

– Condeno o demandado a aboar o demandante, en concepto de retribucións insatisfeitas, a cantidade de 5.570,11 euros netos, que devengará o xuro moratorio do 10 %.

Estimo a demanda reitora dos autos 130/2017 deste xulgado e que foi acumulada aos anteriores, presentada por Julio Alves Freire, representado polo letrado Sr. Vázquez Díaz, contra Héctor José Carballo López, que non compareceu malia constar a súa citación en legal forma, e, en consecuencia, declaro improcedente o despedimento con data de efectos do 18 de xaneiro de 2017.

Impoño ao demandado as custas procesuais causadas (incluídos os honorarios do letrado da parte demandante ata o límite de 600 euros).

As anteriores cantidades serán asumidas polo Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceu malia constar a súa citación en legal forma, dentro dos límites e cos requisitos legais e regulamentarios que correspondan.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e que contra ela cabe interpoñer, ante este xulgado, recurso de suplicación que resolverá a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O recurso de suplicación deberá anunciarse ante este xulgado, por escrito ou comparecencia, dentro dos cinco días seguintes á notificación da sentenza.

Ao anunciar o recurso deberá achegarse o documento que acredite o ingreso de 300 euros como depósito para recorrer no Banco Santander, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado correspondente ao presente procedemento, número 2322-0000-65-0052-17, baixo apercibimento de non dar trámite ao recurso salvo que o recorrente sexa traballador, habente causa seu, beneficiario do réxime público da Seguridade Social, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes destes, sindicato ou beneficiario do dereito á asistencia xurídica gratuíta.

Ademais, cando a sentenza condene ao pagamento de cantidade, o recorrente que non goce do beneficio de xustiza gratuíta deberá acreditar, no momento de anunciar o recurso, ter consignado no Banco Santander, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado correspondente ao presente procedemento, 2322-0000-60-0052-17, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval solidario de duración indefinida e pagadoiro a primeiro requirimento emitido por entidade de crédito.

En caso de que algún dos anteriores ingresos se verifique mediante transferencia bancaria, esta deberá dirixirse á conta ES 55 0049 3569 92 0005001274, facendo constar como beneficiario o Xulgado do Social número 1 de Lugo e como concepto o número de conta correspondente ao presente procedemento que proceda dos dous mencionados nos dous parágrafos que anteceden.

Expídase testemuño desta resolución para a súa incorporación ás actuacións, con inserción do orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgado na instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en forma a Héctor José Carballo López, en ignorado paradoiro, expido e asino o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 5 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza