Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 25 de setembro de 2017 Páx. 43712

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 95/2017).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 95/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Jomigal Construcciones, S.L., sobre ordinario, se ditou auto o 4.9.2017, impugnable en reposición no prazo de tres días, o cal se encontra á súa disposición na sede deste xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Jomigal Construcciones, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 1 de setembro de 2017

O letrado da Administración de xustiza