Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2017 Páx. 43074

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (DSP 99/2017).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento sobre despedimento/cesamentos en xeral 99/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sergio Sánchez Varela contra a empresa Francisco Miguel Lebedynski Patiño, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezamento e parte dispositiva se xunta:

«Sentenza

Na Coruña o 19 de maio de 2017

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 99/2017 en que son parte, dun lado como demandante Sergio Sánchez Varela, con DNI 34899647E, asistido polo letrado Pablo Romero Albores, e como demandado Francisco Miguel Lebedynski Patiño, que non comparece malia estar citado en legal forma, sobre extinción de contrato laboral por falta de pagamento e atraso no aboamento do salario de reclamación de cantidade, pronunciou, en nome da súa maxestade o rei, a seguinte sentenza:

Decido que, desestimando a acción de extinción e estimando a demanda en canto a reclamación de cantidade interposta por Sergio Sánchez Varela contra a empresa Francisco Miguel Lebedynsky Patiño, debo condenar e condeno a demandada a que aboe ao demandante 9.059,42 euros por falta de aboamento salarial máis, respecto desta cantidade, o xuro do 10 % por demora.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta en Banco de Santander desta cidade.

E, igualmente, deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Francisco Miguel Lebedynski Patiño, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza