Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2017 Páx. 43072

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 25 de agosto de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, polo que se convoca para a súa provisión, polo sistema de libre designación, un posto vacante de xefatura de persoal de xestión e servizos.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG núm. 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, modificado polo Decreto 111/2013, do 4 de xullo (DOG núm. 140, do 24 de xullo), e na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

DISPÓN:

Anunciar a convocatoria para cubrir, polo procedemento de libre designación, un posto vacante de xefatura de persoal de xestión e servizos que se relaciona no anexo desta resolución.

As bases íntegras da citada convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras e na páxina web do Sergas (www.sergas.es).

As solicitudes e a documentación anexa que conteña a xustificación dos requisitos e méritos alegados deberanse presentar no Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, sito no Edificio Santa María Nai do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, planta -3, dirixidas ao xerente de Xestión Integrada, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da data da publicación do anuncio desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderanse presentar a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ourense, 25 de agosto de 2017

Dioniso López Bellido
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

ANEXO

Denominación do posto: xefe/a de Servizo de Contratación Administrativa.

Número de vacantes: 1.