Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2017 Páx. 43076

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO de notificación de resolución (538/2015).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 538/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Roberto Alejandro Manteiga contra o Fondo de Garantía Salarial, Rehabilitaciones Arteixo, S.L., Jesús Brandón Ferreiro, sobre ordinario, foi ditada a seguinte Resolución do 26.7.2017, contra a cal se pode interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días, facéndolles saber que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Rehabilitaciones Arteixo, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza