Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2017 Páx. 43077

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO de notificación de resolución (735/2015).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 735/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Laura Patiño Romero contra Novo Pelamios, S.L., Fogasa, sobre ordinario, foi ditada Resolución do 26.7.2017 contra a cal non cabe interpor recurso ningún de conformidade co artigo 191.2.g) da LRXS, facéndolles saber que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Novo Pelamios, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza