Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2017 Páx. 43090

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 25 de agosto de 2017, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres, devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-00794-O-2017 e catro máis).

A persoa titular da Xefatura Territorial da Coruña ditou a resolución do expediente sancionador XC-00794-O-2017 e catro máis por infracción da normativa sobre transportes terrestres.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Son informados de que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada, ante a director xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta empregando o modelo impreso que se facilitará no Servizo de Mobilidade da Coruña.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

A Coruña, 25 de agosto de 2017

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Data; hora; estrada; p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

XC-00794-O-2017

8278-CBC

Hermanos Pallas, S.L.

B15060320

Realizar transporte regular de escolares sen levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestalos ou que resulte exixible para a determinación da clase de transporte que se estea realizando.

17.2.2017; 7.45; AC211; 3,8

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

XC-00927-O-2017

3969-JGT

Tradesa Logística, S.L.

B94133519

Diminución do descanso diario normal (sobre 11 horas). Igual ou superior a 10 horas e inferior a 11 horas.

13.1.2017; 1.51; N634; 709,5

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-01081-O-2017

5018-BPC

José Manuel Loureda Amado

47376459R

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

6.3.2017; 17.42; AC-552; 29,5

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

XC-01253-O-2017

6592-JHZ

Alvárez Ramos Miguel Ángel

36092285H

Diminución do descanso diario normal (sobre 11 horas). Igual ou superior a 10 horas e inferior a 11 horas.

15.2.2017; 0.03; N-634; 709,5

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-02874-I-2016

2075 HYKL

Bruno Casal Díaz

32688628Q

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

27.10.2016; 12.42; AP9-F; 25,200

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros