Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2017 Páx. 43088

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2017 pola que se fai pública a declaración de desistencia do procedemento aberto, suxeito a regulación harmonizada, do contrato de servizo para o deseño e execución das actuacións previstas no Plan de xestión de residuos industriais de Galicia (Priga) 2016-2022, para os anos 2017 e 2018, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

missing image file

De acordo co previsto no artigo 155 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a declaración da desistencia do procedemento de licitación do contrato de servizos que a seguir se relaciona:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=188065

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 152, do 10 de agosto de 2017; BOE núm. 190, do 10 de agosto; DOUE núm. 149-309419, do 5 de agosto.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo, suxeito a regulación harmonizada.

b) Descrición do obxecto: servizo para o deseño e execución das actuacións previstas no Plan de xestión de residuos industriais de Galicia (Priga) 2016-2022, para os anos 2017 e 2018.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria, con pluralidade de criterios.

b) Procedemento: aberto e suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación: 1.470.494,00 euros, IVE excluído.

5. Resolución de desistencia:

a) Data da resolución da desistencia: 4 de setembro de 2017.

b) Causa da desistencia: infracción non emendable nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2017

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio
P.D. (Orde do 15.3.2012; DOG núm. 58, do 23 de marzo
e disposición adicional novena do Decreto 177/2016, do 15 de decembro;
DOG núm. 239, do 16 de decembro)
Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio