Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2017 Páx. 43092

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 25 de agosto de 2017, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos (expediente XC-01764-O-2017 e oito máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña acordou a incoación dos expedientes sancionadores número XC-01764-O-2017 e oito máis, por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmase que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Outórgaselles un prazo quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

A Coruña, 25 de agosto de 2017

César Concheiro Ceide
Instrutor xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

XC-01764-O-2017

6998-CSX

Desbroces Beluso, S.L.

B70251095

Atenuante-A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar.

8.4.2017; 16.44; AG-59; 1,0

Art. 141.25 en relación co 140.35 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra d) LOTT

401 euros

XC-01999-O-2017

7464-DMH

Grupo Jorcla 2010

B94035383

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

8.5.2017; 16.12; AC-400; 61,5

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT

801 euros

XC-02045-O-2017

9895-BCK

Hipermarco, S.L.

B36282127

A realización de transporte privado ao abeiro dunha autorización caducada, revogada ou que, por calquera outra causa, perdese a súa validez.

9.5.2017; 8.29; AG-11; 40,0

Art. 141.14 LOTT

Art. 143.1.e) LOTT

601 euros

XC-02080-O-2017

C-1560-CF

Discalvo, S.L.

B15405418

Atenuante-A utilización de follas de rexistro dos tempos de condución e descanso non homologadas ou que resulten incompatibles co tacógrafo utilizado.

10.5.2017; 9.35; SC-20; 2,0

Art. 142.19 en relación co 141.11 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra a) LOTT

201 euros

XC-02085-O-2017

1709-FJW

Transcámaras Areas, S.L.

B70387139

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

8.5.2017; 16.44; DP-0701; 6,0

Art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

XC-02097-S-2017

8160CDR

José Luis Cámaras Areas

76819570F

A realización de transportes de produtos alimenticios ou mercadorías perecedoiras utilizando un vehículo que careza do certificado de conformidade para o transporte de mercadorías perecedoiras ou telo caducado ou falseado.

16.5.2017; 16.15

Art. 141.21 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

XC-02110-O-2017

2688-DPY

Arias Logística y Transporte, S.L.

B27288521

Non identificar o transporte de mercadorías perigosas no exterior do vehículo.

19.5.2017; 10.10; N-550; 76,5

Art. 140.15.11 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros

XC-02140-O-2017

9895-BCK

Hipermarco, S.L.

B36282127

Insuficiente papel de impresión no vehículo.

9.5.2017; 8.36; AG-11; 40,0

Art. 142.3 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros

XC-02141-O-2017

9895-BCK

Hipermarco, S.L.

B36282127

Non levar inserida no tacógrafo o cartón de condutor ou a folla de rexistro dos tempos de condución e descanso, cando iso resulte exixible, ou facelo de forma incorrecta. Ou non efectuar os documentos impresos ao comezo e á finalización da viaxe nos supostos de deterioración ou mal funcionamento do cartón de condutor ou no caso de que non estea no seu poder.

9.5.2017; 8.29; AG-11; 40,0

Art. 140.22 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.001 euros