Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 18 de setembro de 2017 Páx. 42646

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol

EDICTO (186/2016).

María del Carmen Fernández Matas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol, polo presente anuncio:

No presente procedemento, seguido por instancia de Marta Patricia Tinoco Lamadrid fronte a Helmut Uwe Greilich ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza: 3/2017

Divorcio contencioso 186/2016

Procedemento de orixe: sobre divorcio contencioso

Demandante: Marta Patricia Tinoco Lamadrid

Procurador: Antonio Rubín Barrenechea

Avogado: Juan Pablo Pillado Mosquera

Demandado: Helmut Uwe Greilich

En Ferrol o 10 de xaneiro de 2017.

Vistos por Montserrat Matos Salgado, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol, os autos de divorcio contencioso número 186/2016, seguidos por instancia de Marta Patricia Tinoco Lamadrid, que comparece representada pola procuradora Sra. Vázquez Méndez, en substitución do Sr. Rubín Barrenechea, e asistida polo letrado Sr. Pillado Mosquera, contra Helmut Uwe Greilich, declarado en situación de rebeldía procesual, sen intervención do Ministerio Fiscal.

Decido que, estimando integramente a demanda de divorcio interposta por Marta Patricia Tinoco Lamadrid, que comparece representada pola procuradora Sra. Vázquez Méndez, en substitución do Sr. Rubín Barrenechea, e asistida polo letrado Sr. Pillado Mosquera, contra Helmut Uwe Greilich, declarado en situación de rebeldía procesual, debo acordar e acordo:

1º. A disolución do matrimonio formado por Marta Patricia Tinoco Lamadrid e Helmut Uwe Greilich, que figura inscrito no Rexistro Civil de Narón no tomo 51, páxina 39, sección 2ª, con todos os efectos inherentes á devandita declaración.

2º. A revogación de poderes e consentimentos que se outorgaron e aínda vixentes, con todos os efectos inherentes a tal pronunciamento, con disolución do réxime económico ganancial en virtude do disposto no artigo 1392.1º CC.

3º. Non se efectúa especial pronunciamento sobre custas procesuais, vista a natureza do proceso e as cuestións debatidas neste.

Ofíciese ao rexistro civil correspondente para a práctica dos asentos que sexan necesarios.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela poderá interpoñer recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de vinte días contados a partir do seguinte ao da súa notificación.

Así o pronuncia, manda e asina, Montserrat Matos Salgado, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol.

E, encontrándose o devandito demandado, Helmut Uwe Greilich, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Ferrol, 12 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza