Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 18 de setembro de 2017 Páx. 42648

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (131/2017).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento sobre despedimento/cesamentos en xeral 131/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Montero Mecias contra Santiago García Fandiño, S.L., Colim Limpiezas, o Fondo de Garantía Salarial e Balado Limpiezas, S.L. (Carlos Balado), sobre despedimento, ditouse sentenza o 18.8.2017 contra a que se pode interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días, facéndolles saber que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Balado Limpiezas, S.L. (Carlos Balado), en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de agosto de 2017

A letrada da Administración de xustiza