Aprobado inicialmente o Plan xeral de ordenación municipal de Melón, mediante o Acordo do Pleno do 28 de xullo de 2017, de conformidade co artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes ou obter copias. Así mesmo, estará á disposición na páxina web deste concello: www.melon.es
Quedan suspendidas as licenzas para as seguintes áreas:
– Ámbito 1. Plan especial de protección de dotacións e infraestruturas do mosteiro de Santa María de Melón.
Ámbito non suxeito a suspensión de licenzas; é preciso o cumprimento de ambas as normas simultaneamente.
– Ámbito 2. Plan especial para a creación de solo urbano para dotacións públicas no Cruceiro Gordo.
Ámbito suxeito a suspensión de licenzas ata a súa aprobación definitiva e entrada en vigor. Neste momento a suspensión de vixencia déixase sen efecto e é de aplicación o establecido para o ámbito 1.
– Ámbito 3.
Ámbito suxeito a suspensión de licenzas de parcelación e edificación e demolición, sen afectar:
a) As obras de mantemento, conservación e reforma, salvo no caso de obras de rehabilitación integral que sexan equiparables á reconstrución total de edificios non xustificadas en razóns de urxencia ou que supoñan un aumento do volume edificado.
b) As licenzas de primeira ocupación.
c) Os proxectos que cumpran simultaneamente o intrumento de planeamento en vigor e a revisión ou modificación deste, sempre que esta fose aprobada inicialmente.
d) Os actos suxeitos ao trámite de comunicación previa, sempre e cando se trate de obras ou actos para a implantación de usos ou actividades autorizadas polo novo planeamento.
Mentres dure a suspensión de licenzas poderanse autorizar usos e obras provisionais nos termos do artigo 89 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, e o artigo 204 deste regulamento (artigo 47.5 da Lei do solo de Galicia (LSG).
A duración da suspensión será, como máximo, de dous anos contados desde a aprobación inicial e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento.
Melón, 10 de agosto de 2017
Mª Cristina Francisco Vílchez
Alcaldesa