Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 7 de setembro de 2017 Páx. 41903

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mugardos

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal para a redefinición da protección do castro.

O Concello Pleno, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 9 de agosto de 2017, aprobou inicialmente a modificación puntual ao Plan xeral de ordenación municipal de Mugardos para a redefinición da protección do castro de Mugardos, redactado polos arquitectos David Estany Garea e Alfonso Bar Blando, de xullo de 2017.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 60.6 da Lei 9/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, para os efectos de que durante o prazo de dous (2) meses, contado a partir da publicación deste anuncio no DOG, poidan formular as reclamacións e alegacións que consideren pertinentes.

Suspensión de licenzas.

Así mesmo, o Concello Pleno, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 9 de agosto de 2017, acordou a suspensión de licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición para a área determinada na dita modificación. O que se fai público en cumprimento do artigo 47 da Lei 9/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Mugardos, 18 de agosto de 2017

María del Pilar Díaz Otero
Alcaldesa