Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 4 de setembro de 2017 Páx. 41545

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol

EDICTO (193/2017).

Eu, María del Carmen Fernández Matas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol, fago saber que en virtude do acordado nos autos de referencia, e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LEC polo presente se notifica a Zandra María Atehortúa Upegui a sentenza número 193/2017, ditada na data 27 de xuño do ano en curso, cuxa parte dispositiva se reproduce a continuación:

«Parte dispositiva:

Que estimando integramente a demanda de divorcio interposta por Esteban Ventureira Amoedo, que comparece representado pola procuradora Sra. Pereira de Vicente e asistido polo letrado Sr. Porteiro Uribarri, contra Zandra María Atehortúa Upegui, en situación de rebeldía procesual, debo acordar e acordo:

1º. A disolución do matrimonio formado por Esteban Ventureira Amoedo e Zandra María Atehortúa Upegui (que figura inscrito no Rexistro Civil de Ferrol no tomo 114, páxina 453, sección 2ª), con todos os efectos inherentes á devandita declaración.

2º. A revogación de poderes e consentimentos que se tiveren outorgado e aínda vixentes, con todos os efectos inherentes a tal pronunciamento, con disolución do réxime económico ganancial en virtude do disposto no artigo 1392.1 do CC.

3º. Non se efectúa especial pronunciamento sobre custas procesuais, vista a natureza do proceso e as cuestións debatidas neste.

Ofíciese ao rexistro civil correspondente para a práctica dos asentos que sexan necesarios.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela poderá interpoñer recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de vinte días contados a partir do seguinte á súa notificación».

Así, o pronuncia, manda e asina, Montserrat Matos Salgado, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol.

Ferrol, 27 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza