Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 4 de setembro de 2017 Páx. 41547

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol

EDICTO (206/2017).

Cédula de notificación.

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

Sentenza: 194/2017.

Rúa A Coruña, 55.

Teléfono: 981 33 75 03-04, fax: 981 33 75 05.

Equipo/usuario: IL.

Modelo: N11550.

NIG:15036 42 1 2017 0001298.

DCT divorcio contencioso 206/2017.

Procedemento orixe: sobre divorcio contencioso.

Demandante: Óscar Rodríguez Padín.

Procuradora: María Elena Pasion López Lacamara.

Avogado: Alejandro Manuel Porteiro Uribarri.

Demandada: Silvia Regina do Espiritu Santo Maciel.

Sentenza.

Ferrol, 27 de xuño de 2017.

Vistos por Montserrat Matos Salgado, xuíza substituta do Xulgado de Primera Instancia número 5 de Ferrol, os autos de divorcio contencioso nº 206/2017, seguido por instancia de Óscar Rodríguez Padín, que comparece representado pola procuradora Sra. Pereira de Vicente, en substitución, e asistido polo letrado Sr. Porteiro Uribarri, contra Silvia Regina do Espiritu Santo Maciel, en situación de rebeldía procesual, sen intervención do Ministerio Fiscal.

Decido:

Que considerando integramente a demanda de divorcio interposta por Óscar Rodríguez Padín, que comparece representado pola procuradora Sra. Pereira de Vicente, en substitución, e asistido polo letrado Sr. Porteiro Uribarri, contra Silvia Regina do Espiritu Santo Maciel, en situación de rebeldía procesual, debo acordar e acordo:

1º. A disolución do matrimonio formado por Óscar Rodríguez Padín e Silvia Regina do Espiritu Santo Maciel, (que figura inscrito no Rexistro Civil de Ferrol no tomo 117, páxina 213, sección 2ª), con todos os efectos inherentes á devandita declaración.

2º. A revogación de poderes e consentimentos que se tiveren outorgado e aínda vixentes, con todos os efectos inherentes a tal pronunciamento, con disolución do réxime económico ganancial en virtude do disposto no artigo 1392.1 do CC.

3º Non se efectúa especial pronunciamento sobre custas procesuais, vista a natureza do proceso e as cuestións debatidas neste.

Ofíciese ao rexistro civil correspondente para a práctica dos asentos que sexan necesarios.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela poderá interpoñer recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de vinte días contados a partir do seguinte á súa notificación.

Así, pronúnciao manda e asina, Montserrat Matos Salgado, xuíza substituta do Xulgado de Primera Instancia número 5 de Ferrol.

E, como consecuencia do ignorado paradoiro de Silvia Regina do Espírito Santo Maciel, se estende a presente para que sirva de cédula de notificación.

Ferrol, 31 de xullo de 2017

O/a letrado/a da Administración de xustiza