Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 1 de setembro de 2017 Páx. 41465

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO do 31 de xullo de 2017 polo que se asume a competencia delegada polo Concello de Xinzo de Limia (recadación executiva de ingresos de dereito público).

De conformidade co disposto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora de facendas locais; no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de bases de réxime local, e cumprindo o que acordou a Corporación Provincial, na sesión de 28 de xullo de 2017, faise público que a Deputación Provincial de Ourense asume a competencia delegada nela polo Concello de Xinzo de Limia, co alcance contido, condicións e vixencia que se establecen no acordo do Pleno do dito concello do día 24 de maio de 2017 en materia de recadación executiva dos seguintes ingresos de dereito público:

Primeiro. Recadación executiva das taxas recollidas no artigo 20.3 da Lei reguladora das facendas locais, Real decreto lexislativo 2/2004:

– Taxa establecida no artigo 20.3.d), vertedura e desaugamento de canos e outras instalacións análogas en terreos de uso público local, segundo a Ordenanza fiscal reguladora nº 16, da taxa polo desaugamento de tellados e outras estruturas análogas sobre terreos de uso público.

– Taxa establecida no artigo 20.3.g), ocupación de terreos de uso público local con mercadorías, materiais de construción, entullo, cercas de obra, puntais, cabaletes, estadas e outras instalacións análogas, segundo a Ordenanza fiscal reguladora nº 13, da taxa pola ocupación de terreos de uso público con mercadorías, entullo, valados, guindastres, estadas e outros elementos.

– Taxa establecida no artigo 20.3.h), entradas de vehículos a través das beirarrúas e reservas da vía pública para aparcadoiro exclusivo, paraxe de vehículos, carga e descarga de mercadorías de calquera clase, segundo a Ordenanza fiscal nº 20, reguladora da taxa por pasos privativos de vehículos e por reservas de estacionamento exclusivo para carga e descarga de mercadorías.

– Taxa establecida no artigo 20.3.k), tendidos, tubaxes e galerías para as conducións de enerxía eléctrica, auga, gas ou calquera outro fluído, incluídos os postes para liñas, cables, illadores, caixas de amarre, de distribución ou de rexistro, transformadores, raís, básculas, aparellos para venda automática e outros análogos que se establezan sobre vías públicas e outros terreos de dominio público local ou voen sobre eles, segundo a Ordenanza fiscal reguladora nº 15, da taxa pola instalación de postes, cabos, escuadros, básculas, aparellos de venda automática e outros análogos sobre o subsolo, solo ou voo das vías públicas; a Ordenanza fiscal reguladora nº 30, da taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local mediante ocupación con fins de lucro do solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais, con instalacións, redes e antenas; e a Ordenanza fiscal reguladora nº 38, da taxa polo aproveitamento especial de terreos de dominio público con caixeiros automáticos instalados na fachada de establecementos bancarios e con acceso directo desde a vía pública.

– Taxa establecida no artigo 20.3.l), ocupación de terreos de uso público local con mesas, cadeiras, tribunas, taboados e outros elementos análogos, con finalidade lucrativa, segundo a Ordenanza fiscal reguladora nº 19, da taxa por ocupación de terreos de uso público con mesas e cadeiras, tribunas, elementos auxiliares e taboados e outros elementos análogos con fins lucrativos.

– Taxa establecida no artigo 20.3.n), instalación de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo, situados en terreos de uso público local, así como industrias de rúa e ambulantes e rodaxe cinematográfica, segundo a Ordenanza fiscal reguladora nº 14, da taxa pola ocupación de terreos de uso público con postos de venda, barracas, espectáculos e outros análogos.

– Taxa establecida no artigo 20.3.s), instalación de anuncios ocupando terreos de dominio público local, segundo a Ordenanza fiscal reguladora nº 10, da taxa polo uso de columnas e outros bens do dominio público para fixar e exhibir anuncios.

Segundo. Recadación executiva das taxas recollidas no artigo 20.4 da Lei reguladora das facendas locais, Real decreto lexislativo 2/2004:

– Taxa establecida no artigo 20.4.a), documentos que expidan ou de que entendan as administracións ou autoridades locais, por instancia de parte, segundo a Ordenanza fiscal reguladora nº 3, da taxa pola expedición de documentos.

– Taxa establecida no artigo 20.4.c), outorgamento de licenzas ou autorizacións administrativas de autotaxis e demais vehículos de alugamento, segundo a Ordenanza fiscal reguladora nº 4, da taxa pola concesión de licenzas de autotaxis e outros vehículos de servizo público.

– Taxa establecida no artigo 20.4.h), outorgamento das licenzas urbanísticas exixidas pola lexislación do solo e ordenación urbana, ou realización de actividades administrativas de control nos supostos en que a exixencia da licenza fose substituída pola presentación de declaración responsable ou comunicación previa, segundo a Ordenanza fiscal reguladora nº 5, da taxa pola concesión de licenzas urbanísticas.

– Taxa establecida no artigo 20.4.i), outorgamento das licenzas de apertura de establecementos ou realización das actividades administrativas de control nos supostos en que a exixencia de licenza fose substituída pola presentación de declaración responsable ou comunicación previa, segundo a Ordenanza fiscal reguladora nº 6, da taxa pola licenza de apertura de locais de negocio.

– Taxa establecida no artigo 20.4.m), servizos de sanidade preventiva, desinfectación, desinsectación, desratización e destrución de calquera clase de materias e produtos contaminantes ou propagadores de xermes nocivos para a saúde pública prestados a domicilio ou por encarga, segundo a Ordenanza fiscal nº 36, da taxa pola prestación do servizo de limpeza e desinfección de vehículos e medios de transporte de gando.

– Taxa establecida no artigo 20.4.ñ), asistencias e estadías en fogares e residencias de anciáns, gardarías infantís, albergues e outros establecementos de natureza análoga, segundo a Ordenanza fiscal reguladora nº 45, do servizo de axuda no fogar.

– Taxa establecida no artigo 20.4.o), casas de baños, duchas, piscinas, instalacións deportivas e outros servizos análogos, segundo a Ordenanza fiscal reguladora nº 11, da taxa polo uso de recintos infraestruturas de carácter deportivo.

– Taxa establecida no artigo 20.4.p), cemiterios locais, condución de cadáveres e outros servizos fúnebres de carácter local, segundo a Ordenanza fiscal reguladora nº 26, da taxa do servizo de cemiterios.

– Taxa establecida no artigo 20.4.u), servizo de matadoiro, lonxas e mercados, así como o carrexo de carnes se tiver que utilizarse dun modo obrigatorio; e servizos de inspección en materia de abastos, incluída a utilización de medios de pesar e medir, segundo a Ordenanza fiscal reguladora nº 18, da taxa polo servizo do mercado de abastos.

– Taxa establecida no artigo 20.4.v), ensinanzas especiais en establecementos docentes das entidades locais, segundo a Ordenanza fiscal reguladora nº 32, da taxa de funcionamento do conservatorio e da escola municipal de gaitas e outras actividades en establecementos municipais.

Terceiro. Recadación executiva dos gastos derivados de execucións forzosas dos artigos 99 e 100 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Cuarto. Recadación executiva das multas impostas de conformidade co disposto no Real decreto lexislativo 6/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade viaria.

Quinto. Recadación executiva do imposto sobre construcións, instalacións e obras (ICIO), de conformidade co disposto no Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, segundo a Ordenanza fiscal reguladora nº 1, sobre construcións, instalacións e obras.

Sexto. Recadación executiva de canons de concesións de dominio público, de conformidade co disposto no artigo 80.7 do Regulamento de bens das entidades locais 1372/1986 e na Lei 33/2003, do patrimonio das administracións públicas, segundo o establecido nos respectivos convenios ou acordos concesionais.

Sétimo. Recadación executiva das contribucións especiais recollidas nos artigos 28 e seguintes do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, de conformidade cos respectivos acordos de imposición e ordenación delas dos que se dará traslado á Deputación.

Oitavo. Recadación executiva das sancións que se puidesen impor en virtude da Ordenanza nº 29, especial da limpeza de terreos e soares e medidas preventivas contra incendios forestais; da Ordenanza nº 31, reguladora da posesión de animais potencialmente perigosos e da taxa pola expedición de licenza para o efecto; da Ordenanza nº 39, de boas prácticas veciñais e seguranza cidadá do Concello de Xinzo de Limia; da Ordenanza nº 41, reguladora da instalación de terrazas en espazo público ou calquera outra das ordenanzas polas que o Concello de Xinzo de Limia exerza a potestade sancionadora, segundo o establecido no título XI da Lei de bases de réxime local, ou calquera outra lexislación aplicable.

Esta delegación rexerase polas condicións xerais establecidas pola Deputación Provincial para a delegación de competencias nesta materia.

Ourense, 31 de xullo de 2017

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense